O EQUIPO

Rubén e Brian

Fotografía de Pepe Saavedra

Rubén Pérez

Licenciado en Filoloxía Hispánica, é actor, dramaturgo e profesor de ensino medio. Traballou como monitor, actor e director na compañía lucense Palimoco Teatro S.L. e na Aula de Teatro da USC no Campus de Lugo. Na actualidade participa no proxecto de microteatro Microefectos Dramatúrxicos así como na compañía Lucecús Teatro coa que realizou tres espectáculos profesionais con máis de cen representacións por todo o territorio galego. Coordinou proxectos interdisciplinares, O Rincón Literario no xornal El Progreso de Lugo e diversos recitais poéticos. Tamén escribiu pezas como O pescador de soños ou performances como Proxecto Actor, Os ollos de Xulia.

 

Nos últimos anos desenvolveu a súa vertente de xestor cultural coordinando o programa teatral Buxiganga, dende o que organizou máis de 50 cursos formativos e 400 funcións de teatro amador. Obtivo varios premios con diferentes montaxes da Aula de Teatro do Campus de Lugo así como pola peza Emoticonas, gañadora do 1º Certame de dramaturxia breve organizado pola A.C. A Pipa de Becerreá coa conseguinte publicación na Revista Galega de Teatro.

 

En 2014 foi un dos integrantes da residencia artística Estudio Aberto #3 coa performance Proxecto Actor. En 2015 acada o 3º Premio do certame XuventudeCrea na modalidade Narrativa Breve. No 2018 consegue o posto de finalista e mención especial do xurado a Mellor Compañía dos premios MálagaCrea na categoría de performance polo espectáculo Frío: somos inuit? A partir da mesma peza realiza unha curtametraxe experimental que recentemente se estreou no Indian Cine Film Festival de Mumbai.

Brian Rodríguez

Licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela, Diploma de Estudios Avanzados en Literatura Comparada (USC) co Traballo de Investigación Tutelada “Eric Rohmer: Teoría realista y modernidad cinematográfica”, dirixido polo Prof. Dr. Darío Villanueva Prieto. Tamén é Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais pola Universidade de Vigo.

 

É guionista, realizador, cámara e editor de vídeo. Traballou en 2011 en Zenit Televisión na edición do docusoap Casamos! En 2016 foi co-editor do programa piloto Onde está o Mago Antón?  para a Televisión de Galicia.

 

Asimesmo tamén participa activamente no proxecto de microteatro Microefectos Dramatúrxicos como escritor, director, actor e técnico de audio e vídeo; proxecto no cal escribiu e realizou dezaoito pezas teatrais de curta duración.

 

Tamén dirixe e escribe curtametraxes e sketches de vídeo: Cambio de especie (2013), Italo Disco Death (2014), De fiestuki con la peñuki (2016, seleccionada para participar no Festival Primavera de Cine e no Galician Freaky Film Festival, ambos de Vigo) e Maullidos de látex (2018, Premio Vicente Risco ó Mellor Guión no Festival RiR-Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz). Dende finais de 2013 ata verán de 2014 co-dirixiu o Grupo de Cine Microsoños onde escribiu guións para curtametraxes realizadas dentro de susodito grupo coma El Catador (2014) e Lanafilia (2014).


Tamén estamos en Facebook e en YouTube!

Contacto:

Rubén 620 782 381

Brian  629 723 988

Correo electrónico: alanternamaxica@gmail.com