PERCORRIDO DO PROXECTO

PRIMEIRO DVD DA LANTERNA MÁXICA

Ao longo de 2016 os obradoiros da Lanterna Máxica percorreron todos os rincóns de Galicia e incluso chegaron ata Asturias.

 

Cómpre sinalar que un destes obradoiros foi especialmente importante porque deu lugar á xestación dunha pequena película. Trátase do obradoiro impartido ao longo de varios meses en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) e os seus integrantes foron mozos e mozas, de entre cinco e dezaseis anos quenes á súa vez forman parte do Grupo de Teatro Infantil do Colectivo Cultural Ollomao. Apostouse por filmar con eles unha curtometraxe de trinta e catro minutos de duración titulado Na procura dun filme. Un dos puntos máis salientables deste proceso creativo consistiu en que o guión foi elaborado polos propios integrantes do taller. O filme é unha reflexión sobre o propio acto creativo e unha aposta por facer realidade todas as ideas propostas polos alumnos.

 

Actualmente o Colectivo Cultural Ollomao está proxectando a curtometraxe nos centros educativos da rexión e a reacción dos espectadores está sendo bastante positiva. Distribuíronse DVDs do filme e decidiuse renovar o obradoiro da Lanterna Máxica durante un ano máis.

Tamén estamos en Facebook e en YouTube!

Contacto:

Rubén 620 782 381

Brian  629 723 988

Correo electrónico: alanternamaxica@gmail.com