NOVAS

Obradoiro da Lanterna Máxica en Ítaca Artes escénicas!

Mércores 20 de xuño de 2018

 

Dende o 25 de xuño ata o 5 de xullo Ítaca - Artes Escénicas ofertará os obradoiros Intensivos Rapazada (dirixidos a rapazada de aproximadamente entre 10 e 17 anos). Alí estará A Lanterna Máxica co obradoiro "Interpretación diante da cámara".

 

Queres coñecer o mundo do cine por dentro? Entón este é o teu obradoiro! Coa Lanterna Máxica poderás ser actriz ou actor, deixar voar a túa imaxinación e facer realidade novos mundos nos que todo é posible. Chegou o momento de xogar coa imaxe e atreverse a facer un filme. Tres, dous, un, cámara… acción!

 

DATAS E IDADE:
27, 28 e 29 de xuño de 18:00 a 21:00
Para rapaces de 12 a 17 anos.

 

RESERVAS:
hola@itacaartesescenicas.es
635 852 267
www.itacaartesescenicas.es

 

Non esquezades que durante esas datas Ítaca ofertará outros dous cursos Intensivos Rapazada:
- Curso de maxia co Mago Rafa (25, 26 e 27 de xuño)
- Curso de escrita teatral con Ernesto Is (4, 5 e 6 de xullo)
Ademais polas mañás teredes o campamento ContaxiArte, campamento de artes escénicas para pícaros de 5 a 12 anos.

 

Agardámosvos!

A Lanterna Máxica pasou por Caldas de Reis durante o Nadal

Venres 12 de xaneiro de 2018

 

A Lanterna Máxica estivo este Nadal na Biblioteca Municipal P. M. Martínez Ferro de Caldas de Reis. O mércores 27 de decembro tivemos o privilexio de traballar cos pícaros de Caldas quenes construiron entre tod@s unha historia fabulosa da cal filmamos varios planos. Foi unha xornada ben fermosa!

 

En breve colgaremos na galería as fotografías que fixemos e que previamente aparecerán no Blogue da Biblioteca.

Imos a Arteixo dentro do programa "Ler conta moito"

Martes 17 de outubro de 2017

 

A Lanterna Máxica estará esta semana no concello de Arteixo (A Coruña). O martes 17 de outubro teremos un obradoiro na Biblioteca Central de Arteixo e ao día seguinte impartiremos outro na Biblioteca de Pastoriza (Concello de Arteixo).

 

Estes dous obradoiros forman parte do proxecto "Ler conta moito", programa para a dinamización da lectura, que ofrece diversos tipos de actividades para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

A Lanterna Máxica vai a Torrecera!

Luns 26 de xuño de 2017

 

A Lanterna Máxica vai a Torrecera na provincia de Cádiz!

 

Dende este mércores 28 ata o venres 30 de xuño estaremos en Torrecera impartindo un obradoiro grazas a Planea 2017 (Agenda Provincial para la Cultura) dentro do marco da Fundación Provincial de Cultura da Diputación de Cádiz.

 

Partindo da literatura e empregando ferramentas do cine e do teatro achegarémonos ao universo da interpretación. A triple unión de teatro, cine e literatura fará que os textos iniciais cobren vida e adquiran unha nova dimensión.

 

Aínda quedan  prazas, animádevos a participar. A inscrición é gratuita.

Máis información con enlace ao formulario de inscrición aquí:
http://www.dipucadiz.es/export/sites/default/galeria_de_ficheros/cultura/Planea-2017/Taller-la-linterna-magica.pdf

A Lanterna Máxica vai a Málaga!

A Lanterna Máxica vai á Térmica en Málaga!


Teatro + Cine + Literatura
Sempre quixeches coñecer cómo se fan as películas que tanto che gustan? Pensabas que o mundo da interpretación era cousa duns poucos? Algunha vez soñaches con ser Frankenstein, unha actriz famosa ou incluso un pingüín? Calquiera pode ser actor e actriz,  é cuestión de atreverse a dar o paso! Para iso naceu A Lanterna Máxica! Aquí poderás facelo realidade de man do cine, do teatro e, cómo non, a literatura. En marzo teremos a oportunidade de ofrecervos uns talleres na Térmica. Hai diversas opcións, escolle a que más che guste!

Taller exprés
10 de marzo de 2017
De 4 a 8 anos – 16.30 a 18.30 horas
De 9 a 12 anos – 18.30 a 20.30 horas

11 de marzo de 2017
De 4 a 8 anos – 10.00 a 12.00 horas
De 9 a 12 anos – 12.00 a 14.00 horas


Taller para adolescentes
11 de marzo de 2017
De 16.00 a 20.00 horas


Taller ¿Hacemos un corto?
12 de marzo de 2017
De 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 20.00 horas
A partir de 18 anos

Máis información:
http://www.latermicamalaga.com/la-linterna-magica-teatro-cine-literatura/

A tribo estrafalaria  aceptada para concursar en Participa-Méliès!

Comezamos a semana cunha boa nova! A curta que colgamos onte, A tribo estrafalaria, foi aceptada para formar parte de Participa - Méliès, un concurso que propón que se fagan curtametraxes inspiradas no cine e nas trucaxes de Georges Méliès, un dos pioneiros da sétima árte. A súa obra resultou moi innovadora no seu momento, ademáis Méliès foi autor dunha das películas máis importantes do cine da era muda: Viaxe á Lúa.

 

Podedes entrar no enlace e votar pola curta, así teremos máis opcións para optar ao Premio do Público. De todas formas convidámosvos a ver as outras curtas colgadas na web do concurso e que votedes tamén ás que máis vos gusten. Pensamos que e satisfacción persoal que produce  sacar cousiñas adiante é máis importante que competir.

 

Estamos moi orgullosos pola nosa benquerida tribo, a máis estrafalaria que existe!

 

Enlace: https://www.participamelies.com/videos/a-tribo-estrafalaria/

A tribo estrafalaria  xa está en YouTube!

Aquí tedes A tribo estrafalaria, a curtiña que fixemos xunto ao Grupo de Teatro de Antas de Ulla o cal brindounos a oportunidade de traballar cuns excepcionais actores e actrices. Filmada en dous días durante a acampada que fixemos en Antas a finais de decembro A tribo estrafalaria parte de personaxes e situacións que foron propostas polos nosos pequenos intérpretes. Foi un gustazo poder traballar con mentes así de creativas! E cómpre engadir que tamén foi un pracer moi grande poder levar a cabo este obradoiro; por iso sentímonos especialmente orgullosos de poder amosarvos esta curtiña, un traballo feito entre tod@s.

 

O vídeo leva engadidos subtítulos en castelán porque imos presentala ao concurso Participa Mèliés. Cando teñamos novas sobre o mesmo colgaremos a información pertinente así que... permanecede atent@s!

Tamén estamos en Facebook e en YouTube!

Contacto:

Rubén 620 782 381

Brian  629 723 988

Correo electrónico: alanternamaxica@gmail.com