A LANTERNA MÁXICA

Unha aproximación ao mundo do cine e da interpretación

O que facemos

A Lanterna Máxica é un proxecto que xunta as vontades do cinema e do teatro a través de obradoiros creativos nos que se parte de textos previos do acervo cultural galego para seren representados e filmados.
Estes obradoiros están destinados tanto a institucións (institutos, colexios, bibliotecas, museos, etc) coma a diversos colectivos da sociedade (nenos, anciáns, xente con ganas de aprender, etc).
Trátase dun proxecto sustentado en tres pilares fundamentais para a formación persoal e cultural da xente: a literatura, o teatro e o cinema.

TEATRO

CINE

LITERATURA



O dispositivo

Á hora de buscar un nome para o proxecto pensamos nas relacións entre teatro e cine e, irremediablemente, fumos ata as orixes do cinema. Unha historia cuxa recta final desenvolveuse ao longo do século XIX  e que resulta bastante intrincada, moitos inventores perseguían o invento definitivo, tiveron lugar guerras de patentes, plaxios e xurdiron moitos trebellos con nomes peculiares: fenakistoscopio, praxinoscopio, kinetoscopio, vitascopio, etc. Foi a finais deste século cando os irmáns Lumière inventaron o cinematógrafo que se convertiu no estándar de filmación e proxección.

 

Foi entón cando botamos un ollo cara atrás e lembrámonos da lanterna máxica, ese aparelliño de mediados do século XVII e que ten unha historia que se parecía máis ao que procurábamos co noso proxecto. E non quedou máis remedio que chamarnos A Lanterna Máxica.

A lanterna data da segunda metade do século XVII e o seu invento está atribuido a Christiaan Huygens. O seu funcionamento consistía na recepción de imaxes dende fóra as cales tiña a capacidade de facer visíbeis no interior. Estas imaxes consistían en diapositivas de cristal pintadas a man.

 

O dispositivo tivo éxito e ao longo do século XVIII moitas compañías de cómicos percorreron Europa proxectando debuxos, pinturas e, máis tarde, fotografías. A imaxen en movemento foi algo que se perseguiu na lanterna dende o principio a través de diversos artificios: cadros con partes móviles ou o emprego de múltiples lanternas para crear sensación de profundidade.

 

 

Pintura de John Thompson

Tamén estamos en Facebook e en YouTube!

Contacto:

Rubén 620 782 381

Brian  629 723 988

Correo electrónico: alanternamaxica@gmail.com